Compañía

Circaneliño

Alfredo Pérez Muíño

Alfredo Pérez Muíño

Alén do seu traballo en solitario que comeza no ano 2004, participa en numerosos proxectos con compañías galegas, nacionais e internacionais en condición de clown, bailarín, actor e director. Pero o que caracteriza a este intérprete e o diferencia dun xeito notable é a multidisciplinariedade que o define e a diversidade de propostas nas que ten participado ao longo da súa carreira, onde figuran destinos nos cinco continentes.

Iliria

No 2019 xorde N+1 como proxecto persoal do creador, onde partillar o legado das aprendizaxes levadas a cabo na súa traxectoria profesional, así como marco para desenvolver as súas inquedanzas artísticas. Deste xeito continúa con traballos unipersoais e propostas colectivas propias, ademais de colaborar con outras compañías de teatro, circo e danza.

N + 1

Colaboracións

Son moitas e diversas as compañías galegas e nacionais polas que Alfredo pasou como intérprete/creador: Lusco e Fusco, Elefante Elegante, Chévere, Teatro Circo Price, San&San, PistaCatro… destacando a súa próxima incorporación á nova creación de Matarile Teatro en coprodución co Centro Dramático Nacional.

En xira

Compañía IO

Xunto a Beatriz Rubio e Álbaro Reboredo presenta ESPIDA, unha viaxe arredor da idea de xénero a través do non binario, do desexo, da soidade, da vulnerabilidade e da fortaleza. Os corpos circenses, fóra do seu espazo de confort, ofrécense a transitar os lugares do posible.

The Chipolatas

Dende o 2013 xira coa compañía inglesa “Chipolatas”, co espectáculo GENTLEMEN OF THE ROAD e a versión de catro compoñentes, LA BOMBA. Transcendendo tendencias, capturando corazóns e cruzando fronteiras, estes pallasos desembocan nun espectáculo onde o principal é celebrar. É entón cando o circo atopa teatro e música en directo, un terreo común onde a maxia está asegurada.

Video-danza

Ademais dos teatros, auditorios, prazas e rúas, tamén traballa detrás da cámara como bailarín (Pisando Ovos, Guadi Galego, Sixteen Thunders…)

Circo Social

Un aspecto que determinou as calidades de Alfredo como artista-creador foi o interese que mostrou desde os seus comezos polo traballo social, especializándose no clown hospitalario. No 2007 comeza unha colaboración coa Fundación Theodora que durará mais de 10 anos visitando nenos hospitalizados en Galicia, Madrid, Barcelona, Gran Canaria, Estambul, …

No 2011 desprázase á India da man da Fundación Vicente Ferrer para cubrir un programa de artista hospitalario e representación de espectáculos no medio rural na comunidade de Anantapur.

Colabora tamén coa Fundación María´s Children en Moscú visitando a escola de Beslán (Osetia), ademais de diferentes orfanatos da capital rusa.

Destaca, dentro das zonas de conflito, o seu paso por Cisxordania onde visitou os hospitais de Nablus e Ramala, ademais de colaborar con numerosas institucións educativas e asociacións culturais como membro de diversas caravanas de pallasos.

Espectáculos

Divertimento

A música de Mozart condúcenos en clave de clown polas relacións humanas

+ info

Evolution

De onde vimos?
A onde imos?
Por que seguimos aquí?

+ info
Evolution

Circanelo

Teatro xestual, danza e acrobacia. Clown para grandes e nenos.

+ info
Circanelo

Cuacac!

Onde as debilidades convértense en fortalezas

+ info
Cuacac!
ver vindeiras funcións
Evolution

Axenda

ver espectáculos
Aplausos
Evolution

E ademais...

Dirección

Alfredo Pérez participou en calidade de director en espectáculos para diversas compañías de teatro, circo e danza, ademais de en varias das suas propias creacións.

Entre todos os proxectos nos que ten colaborado cabe destacar os espectáculos “Encontros” da Cía. Lusco e Fusco e “Nucabunga” de Elefante elegante, acadando o Premio do Xurado no TAC de Valladolid no 2011 e o Premio ao mellor espectáculo nos María Casares do 2013, respectivamente.

Formacións

Licenciado en Educación Física e Deporte (INEF Galicia) desenvolve un labor docente especializándose en disciplinas relacionadas co coñecemento e consciencia do corpo, as súas posibilidades expresivas e de movimento. Así imparte formacións de clown, mimo corporal dramático, teatro, danza, acrobacias e ioga.

Residencias

Dende o 2019, A Casa do Grilo, sede da Compañía situada en A Estrada, acolle artistas e compañías en residencia nos seguintes formatos: ensaios, creación, dirección e construción (atrezo e escenografía).

Residencias Artísticas

Nos últimos traballos tivemos a posibilidade de partillar o noso espazo coa Cía. Io, Cía. A Vela Circo, Cía. Exire e as creadoras Antía Vidal e Greta Rúas.

Residencias Artísticas
AGADIC

Contacto

Este sitio web emprega cookies, coa mellor das intencións   
Privacidad